Os días 7 e 8 de novembro participamos nas xornadas de produción de videoxogos organizadas no CIFP Imaxe e Son da Coruña. Luz Castro deu a coñecer a asociación e falou das nosas actividades e proxectos de futuro. As xornadas tamén foron un punto de encontro das empresas asociadas e futuros socios. Por alí pasaron, entre outros, Xosé Manuel Rey de Datalwayers, Sergio Prieto de Gato Salvaje, Diego Vázquez de imaxin|software, Miguel Areán de ePolygon, Diego Cambre de KST e Antonio Seoane de GGDevs