Zona indie na ExpOtaku 2025 da Coruña
Os días 24 e 25 de maio celebrouse, no recinto ferial EXPOCoruña, a edición de primaveira de 2025 do ExpOtaku, o salón do anime, cosplay e gaming. Nesta feira, a asociación Koffi Games leva organizando dende 2021 a zona indie, na que tanto estudios xa veteranos da contorna como novos estudios emerxentes poden participar expoñendo os seus proxectos de balde.
Este ano, contouse con postos propios de distintos socios de Videoxogo.gal como DevMO, Under Castle e Virtual Seed, así como de diferentes postos dos estudios indies creados por estudantes dos graos e mestrados de videoxogo da Universidade da Coruña, e de distintos ciclos formativos dos IES e CIFP da Xunta de Galicia. CESUGA, pola súa parte contou cun posto propio no que se expuxeron xogos realizados por estudantes do FP de animación 3D, videoxogos e contornas interactivas, ademáis de diferentes charlas e obradoiros.
Outra das asociacións de videoxogos que estiveron no evento foi FemDevs, a asociación sin ánimo de lucro que defende e promove o interese e a participación das mulleres e persoas non binarias na cultura do desenvolvemento do videoxogo. No seu posto podíase xogar unha antoloxía de xogos feitos polas suás socias, como Zoe’s Game de Lemon Bird ou Muerto de risa de Remulla Games.
Con respecto a Videoxogos.gal, tivemos a oportunidade de contar cun espazo nesta zona onde difundir información entre os visitantes da feria, ademáis de poder probar os xogos de Tiny Garden (do estudio Ao Norte, fundado polo noso presidente Rubén Calles), Inside Utopia, producido e deseñado polo noso vogal Nacho Pintos, e Gatiños Igualiños, minixogo feito para a Mermelada Jam #3 por Rafa Alcalde, quen se encarga do labor de secretaría.
Neste posto contamos ademáis coa participación da nosa socia Carla Caamaño, ademáis da nosa vicepresidenta, Alba Calvo, e de Rafa Alcalde, que estiveron convidando tanto a cativos e pais como a estudantes a nos coñecer e xogar un ratiño cos videoxogos presentados.
